Por un Androide en Galego

Dende o blog Mallando en Android ven de impulsarse unha nova iniciativa a prol da tradución do sistema operativo de Google ó galego, «Android en Galego«. Mallando no Android é a referencia de novidades sobre o ecosistema do sistema operativo de Google, e coa iniciativa «Android en Galego» ven a unirse á petición oficial que realizara a Xunta, solicitando a tradución do sistema operativo ó noso idioma.

En Zadia Software apoiamos ó 100% a iniciativa, xa que coidamos que o soporte oficial de Google para o noso idioma faría moito máis fácil para os desenvolvedores (internacionais e galegos) traducir as súas aplicacións e localizalas para poder disfrutalas ó completo. É unha mágoa que, por non ter soporte oficial, os usuarios non poidan seleccionar o galego coma o idioma do seu dispositivo móbil, así coma é unha mágoa que moitos desenvolvedores queden sen traducir as súas apps ó galego por non atoparse o galego entre os idiomas soportados polo teléfono.

Como explican na web do proxecto, hai varias cousas que podemos facer coma usuarios, para dar a coñecer a nosa opinión e tratar de facerllo chegar e entender a Google:

1.- Manifesto /carta

O primeiro que pedimos é o apoio ao manifesto, que podedes asinar neste Change. Será enviado a Google con todos os apoios recibidos, polo que cantos máis, mellor.

2.- Foros de soporte de Google.

Desde hai algún tempo está aberto este fío (39740) de discusión nos foros de soporte de Google. A idea sería que puxésemos o maior número posíbel de mensaxes para que vexan que hai movemento. Deixámosvos 2 propostas, pero podedes facer calquera outra propia. Ademais, é importante que marquedes a estreliña, pois é a forma de dar máis relevancia ao fío.

#1: I am a speaker of Galician and I am upset as I don’t have the option to select it as the language of my mobile. Please add support for Galician.

#2: Please add support for Galician. There are 3 million Galician speakers who cannot have their phones in their language. Help us end this!

3.- Banners en webs e blogs

Deixámosvos 4 deseños de banner (2 horizontal, un vertical e un cadrado) que podedes poñer na vosa web. A idea sería que as imaxes ligaran a esta web, onde os usuarios poden atopar toda a información [ www.androidengalego.com ]

horizontal 1 – horizontal 2 – vertical – cadrado

4.- Axitación nas redes sociais.

A última parte sería tratar o tema nas redes sociais, potenciando dar a coñecer a campaña#AndroidEnGalego, para que chegue ao maior número de persoas

Ademáis, a iniciativa está aberta a novas ideas e aportes, así que non dubides en facerlles chegar novos xeitos de difusión se tes alguna nova idea!