TopAround | Desarrollo nativo iOS (iPhone) para reproducción de audioguías

TopAround é unha aplicación que che permite escoitar audioguías de todos os lugares do mundo, creadas por expertos.

A aplicación, desenvolta de forma totalmente nativa para obter o mellor rendemento e unha experiencia de usuario deseñada a medida, recupera os contidos dinámicamente dende a API do proxecto, e preséntaos en cómodos listados e mapas ao usuario.

Có obxectivo de ofrecer a mellor experiencia de usuario posible aos viaxeiros visitando o extranxeiro (onde as conexións de datos poderían ser puntuais ou demasiado caras), a aplicación conta cun sofisticado sistema de cachés, que permite non só a consulta dos textos e as guías de forma completamente offline, senón tamén a reprodución dos ficheiros multimedia (tales como audios, vídeos e fotografías). A interface da app está totalmente traducida a múltiples idiomas, para facilitar o seu uso dende calquera parte do mundo.

A aplicación utilizará tamén os datos do GPS para identificar a posición xeográfica do usuario e amosarlle os contidos mais cercanos. Ditos contidos son xerados pola comunidade de TopAround, e inclúen distintas localizacións, como cidades e pobos, atraccións turísticas (museos ou igrexas), rutas recreativas para actividades ao aire libre, ou parques nacionais.

ACERCA DE TOPAROUND:

Somos unha nova empresa xoven con sede en Madrid. Ao igual que ti, encántanos viaxar e descubrir lugares únicos e novos, dende viaxes por cidades a rutas de sendeirismo. Cremos que cando viaxamos non deberíamos ter os nosos ollos lendo instrucións no iPhone. Por eso creamos unha plataforma na que unhas grabacións cóntanche ao oído o mellor que te rodea, para que poidas escoitar mentras esperas nunha parada de autobús, ou facendo cola no museo, ou simplemente ir escoitando mentras camiñas. ¡Non hai nada como deixarse guiar por un experto local! Por eso queremos ofrecerte a experiencia dun experto local en cada destino que vaias.

Top Around foi finalista en varios concursos en toda Europa, e aparecemos en varios medios de comunicación. Ademais, temos un montón de novas ideas! Esperamos sorprenderte cunha nova versión cada mes

Encantaríanos coñecer que che parece, e que nos comentes a túa opinión. Non dubides en escribirnos a info@toparound.com