Talía Teatro

Talía Teatro é unha compañía de teatro galega, independiente, baseada en Santiago de Compostela. Anteriormente contaban cunha web corporativa, pero buscaban darlle un toque renovado á web, amosando a actividade que realiza a compañía de forma clara, sinxela e atractiva.

Para o desenvolvemento da web contamos có xestor de contidos Drupal, por versatilidade, facilidade para o mantemento e posible evolución do portal. Sen contar con que é, xunto a WordPress, o noso CMS favorito, claro :-). A web conta con varias seccións e funcionalidades, para as cales optamos por unha combinación de módulos open source e desenvolvementos propios para a web:

  • Calendario de eventos, con Views e Calendar. Para dotar de interactividade ó calendario empregamos BeautyTips.
  • Portfolio de obras e espectáculos, con Views e Views Responsive Grid.
  • Formulario de contacto, con Webform.
  • Mapas de ubicación de contidos, con GetLocations.
  • Tipos de contido personalizados, con templates que facilitan a xestión visual da información dende o panel de administración.
  • Publicación automática de novos contidos en Facebook a travé de Facebook Autopost.

En canto ó deseño gráfico, dende o principio optouse sen dúbidas por un deseño web adaptativo (responsivo), de forma que a visualización é a mais adecuada para o dispositivo có que se acceda, sexa un móbil, unha tablet ou un ordenador de escritorio. O deseño está baseado en Bootstrap, sobre o cal se basean os estilos que creamos, e toques de Javascript para dotar á web de maior interacción.

Xa sabedes, consultade o calendario de representacións de Talía, e se actúan preto da vosa cidade, ¡non deixedes pasar a ocasión!