Pista Oculta

Esta aplicación foi desenvolta para a páxina web PistaOculta.com, de forma que amosase a información dispoñible na web dunha forma adaptada aos dispositivos móbiles Android. A interface contén elementos estándar do SDK Android (barra de lapelas, menús de preferencias), e menús elaborados a medida para mellorar o branding da aplicación e ofrecer unha experiencia de usuario personalizada. Algunhas das funcionalidades destacadas son:

  • menús personalizados coa imaxe corporativa da páxina web
  • acceso aos contidos a través de feeds RSS
  • carga de contidos a través do procesado dos arquivos XML dos feeds RSS xerados por WordPress 3
  • threads nas cargas de contidos para mellor resposta da interface
  • integración con Youtube
  • integración de funcionalidades sociais de Android para compartir os contidos