AigiBoga.com

O traballo consistiu no deseño e desenvolvemento da páxina web de AigiBoga, un xoven fotógrafo santiagués.

Seguindo unha liña de deseño marcada polo contraste entre luces e sombras e dominado pola sobriedade do tono negro principal, a web conta cun xestor de photoblogging baseado en WordPress 3.1, coas seguintes funcionalidades:

  • Redimensionamento dinámico das fotografías
  • Caché de contidos estáticos para acelerar a súa carga
  • Uso de CSS3 para efectos gráficos
  • Optimización do contido para para o seu rastreo por buscadores (SEO)
  • Alta usabilidade do sistema, primando a visualización das fotografías sen distraccións