GaliTempo: desarrollo de un cliente nativo para iPhone de MeteoGalicia

Galitempo permite coñecer con precisión as predicións meteorolóxicas para os vindeiros días en Galicia, a través da consulta dos datos obtidos dos servizos de Meteogalicia. Poderás coñecer as predicións detalladas para cada localidade (A Coruña, Santiago, Lugo, Vigo, Pontevedra, Fisterra, Monforte, Pedrafita, Pontevedra, Ribadeo, Viveiro, O Barco, Ourense, Verín, Cuntis, Lalín, Vilagarcía), ou consultar as predicións xerais para a evolución do tempo en Galicia.

Os datos son extraídos de MeteoGalicia, polo que a súa fiabilidade depende totalmente do acertadas que sexan as predicións de MeteoGalicia. As localidades existentes na aplicación son as presentes na web.

Podes instalar a aplicación dende a iTunes Store.

Actualizacións:

  • v.1.01: Entre outros, inclue iconas melloradas para mostrar o tempo, e memoria caché en caso de non haber conexión á rede.
  • v2.0: A aplicación recibiu melloras estéticas, especialmente para mellorar o aspecto no iPhone 4. Ademais, pódense consultar as informacións sobre praias e mareas, e engádese Ortigueira coma cidade dispoñible.
  • v2.02: correxidos algúns errores ó amosar os datos de praias.