Taller de Azúcar | Desenvolvemento da imaxe do blog · migración de Blogspot a WordPress

O Taller de Azúcar é o blog que con moito cariño e coidado leva creando M. Victoria Morales durante uns meses, comezando en BlogSpot. O blog está centrado na presentación de receitas e os contidos fotográficos vinculados ás mesmas, así como unha explicación da elaboración dos distintos platos. Unha vez que se lle quedou pequeno o sistema de BlogSpot, sobre todo en canto ás opcións de personalización e modificación do panel de administración, a mellor opción pasou polo desenvolvemento dunha plantilla de WordPress, adaptada ás necesidades específicas de Vicky e o seu blog.

Para a migración dunha plataforma á outra, en Zadia non nos limitamos ó desenvolvemento da nova plataforma, senón que realizamos a migración completa dos contidos do anterior blog, así como tódalas imaxes, enlaces, e comentarios. Desta forma a nova web non partiu ‘de cero’ de cara ao posicionamento en buscadores, senón que xa contamos con todo o contido xerado no anterior sistema. Como complemento, ademais rediríxese ós visitantes que acceden á web antiga á nova dirección e sistema, de modo que ningún visitante quede perdido na migración.

Para a elaboración da web en WordPress desenvolveuse unha plantilla a medida da nova imaxe corporativa do proxecto, acorde ao redeseño visual da marca ‘Taller de Azúcar’. A imaxe gráfica do blog responde á temática gastronómica do blog, cós posts publicados á imaxe de receitas escritas nun blog. Da mesma forma, dotouse ao blog de funcionalidades sociais e de comunidade, para permitir unha comunicación fluida cós lectores, a través de subscripcións por correo electrónico, e integración con redes sociais (Twitter, Facebook).