camspy-iphone-1

CamSpy | Desenvolvemento nativo universal para iOS (iPad + iPhone)

CamSpy para iOS permite visualizar no teu iPad ou iPhone centos de webcams de todo o mundo, instaladas en múltiples localizacións. Pódense visualizar dende salas de servidores a cámaras de tráfico, pasando por webcams ubicadas en establecementos, casas particulares… todo tipo de imaxes. A aplicación foi desenvolta íntegramente por Zadia Software, utilizando fontes de datos dispoñibles en internet (as propias imaxes das cámaras). Desenvolta de forma nativa tanto para iPad como para iPhone, conta cunha interface de usuario que recorda os antigos televisores,ey conta con opcións para que o usuario poida compartir a cámara que está visualizando en cada intre cos seus contactos en redes sociais. A interface é sinxela e amigable, permitindo cambiar ‘de canle’ (esto é, de webcam) ó pulsar un dos botóns do televisor. Pódese atopar mais información na web específica para CamSpy.