Xamalú Filmes

Xamalú Filmes, a través da aplicación XF, ofrece a posibilidade de ver gratuitamente en iPad e iPhone os trailers e informacións diversas acerca das películas que distribúe; en castelán e en galego. Cómodamente, onde queira que esteas, poderás consultar a actualidade sobre as súas películas, ver a súa ficha técnica e artística e outros datos de interese. Ademais poderás compralas e velas directamente no teu propio dispositivo a través de ‘In App Purchases’ de iOS ou ‘In App Billing’ de Android, en streaming de alta calidade por un coste asequible, quedando á túa disposición sen límite de tempo algún. A partir da súa compra poderás volver a vela cantas veces desexes, nunha calidade excelente e con total comodidade e confianza.

Para utilizar a aplicación é necesaria conexión a internet, e unha conta de iTunes App Store ou Play Market para realizar as compras (a compra de contidos non funcionará en dispositivos iOS con jailbreak). Para obter a mellor experiencia posible, recoméndase usar unha conexión WiFi para ver os trailers, e é obligatoria unha conexión WiFi para ver as películas.

A nivel técnico, a aplicación consiste nun backend desenvolto a medida con Play Framework!, que permite xestionar toda a información consumida dende as aplicacións móbiles. A información expórtase ás aplicacións a través dunha API personalizada, que transmite a información en JSON para optimizar o fluxo de comunicacións cós dispositivos. As aplicacións son escalables e adaptativas, de forma que en iOS é completamente funcional en iPad e iPhone (dende o 3GS ao 4S), e en Android a aplicación é escalable dende pantallas LDPI (tipo HTC Wildfire) a pantallas de 10′ (de tablet, como un Asus Transformer, dispositivos nos que foi depurada a aplicación).