TopAround

TopAround é unha aplicación que che permite escoitar audioguías de todos os lugares do mundo, creadas por expertos.

A aplicación, desenvolta de forma totalmente nativa para obter o mellor rendemento e unha experiencia de usuario deseñada a medida, recupera os contidos dinámicamente dende a API do proxecto, e preséntaos en cómodos listados e mapas ao usuario.

Có obxectivo de ofrecer a mellor experiencia de usuario posible aos viaxeiros visitando o extranxeiro (onde as conexións de datos poderían ser puntuais ou demasiado caras), a aplicación conta cun sofisticado sistema de cachés, que permite non só a consulta dos textos e as guías de forma completamente offline, senón tamén a reprodución dos ficheiros multimedia (tales como audios, vídeos e fotografías). A interface da app está totalmente traducida a múltiples idiomas, para facilitar o seu uso dende calquera parte do mundo.

A aplicación utilizará tamén os datos do GPS para identificar a posición xeográfica do usuario e amosarlle os contidos mais cercanos. Ditos contidos son xerados pola comunidade de TopAround, e inclúen distintas localizacións, como cidades e pobos, atraccións turísticas (museos ou igrexas), rutas recreativas para actividades ao aire libre, ou parques nacionais.