SD Compostela

As aplicacións móbiles da SD Compostela contan cun deseño adaptado a ambas plataformas para as que está dispoñible, iOS e Android, cunha adaptación específica para cada sistema operativo. Ademais, na versión de Android tivose especial coidado na súa escalabilidade para tablets, de modo que a app estea dispoñible para unha gran gama de dispositivos.
As aplicacións contan con comunicación en tempo real coas redes sociais e canles de información oficiais do equipo compostelán, co obxectivo de poder ofrecer as últimas novidades sobre o Compostela aos seus seguidores, onde queira que se atopen.
Ademais, as apps contan con contidos para os aficionados ao equipo que queiran coñecer mais da súa historia, con seccións da traxectoria do equipo dende a súa formación e orixe, e co engadido para os aficionados de poder reproducir o himno do seu equipo dende a app, para celebrar os bos resultados da SD. Aúpa Compostela!