Classora Sports

A aplicación nativa para iPhone de Classora permite acceder a parte do seu catálogo de información dende teléfonos con iOS (iPhone, iPod Touch, iPad). Para explicar o que se fai, explicámosvos primeiro que é Classora, segundo as súas propias verbas:

Classora é unha base de coñecemento para Internet orientada á análise de datos, é dicir…

…un sitio onde podes consultar información de todo tipo, representala gráficamente, vela en mapas, facer comparativas inéditas…
…unha plataforma na que podes participar aportando os teus coñecementos e divertirte aportando as túas opinións.
…en definitiva, unha nova forma de acceder á información de Internet, que integra datos obxectivos e datos subxectivos.

A aplicación móbil permite consultar parte da información de Classora, en concreto a relativa ás clasificacións deportivas e o histórico de cada unha delas. Ademais, ten unha gráfica do histórico de posicións dos participantes neses rankings. A app ten a seguinte información:

  • Fútbol: as principais ligas europeas, así como as ligas de 1ª, 2ª, 2ªB e 3ª de España.
  • Fórmula 1: a clasificación de pilotos e de constructores.
  • Motos: campionatos de MotoGP, Moto2 e 125cc
  • Baloncesto: clasificacións NBA e ACB
  • Tenis: a clasificación de tenistas da ATP
  • Ciclismo: o Tour de Francia, o Giro de Italia e a Volta a España.
  • Rallies, Olimpiadas e mais!

Para a xeración dos rankings e as gráficas accédese á información de Classora a través de interfaces XML, que se procesan e formatean na aplicación móbil, cun bo rendemento que garantiza unha boa experiencia de usuario. Ademais, o usuario pode marcar  as súas clasificacións favoritas, téndoas cómodamente ubicadas nunha lapela da aplicación a modo de acceso directo. Pode instalarse dende a iTunes Store.