Android · iPhone & iPad · Salesforce · Desarrollo de software a medida, web y aplicaciones móviles

Android

iPhone & iPad

Desenvolvemento Web

Os Nosos Clientes

Os nosos Proxectos

Servizos

Facemos aplicacións a medida das túas necesidades, que se adapten para resolver o teu problema. Somos especialistas niso, e podemos ofrecerche unha solución. Primeiro traballaremos contigo para comprender que é o que necesitas, e logo colaboraremos para obter o mellor resultado posible. Para iso teremos en conta os ingredientes necesarios para que a túa aplicación resolva o teu problema, e leve o chisco necesario de deseño, accesibilidade e usabilidade para que ademais utilizala sexa unha experiencia agradable e non algo co que loitar. En canto aos tipos de desenvolvemento que podemos levar a cabo, o límite pono as túas necesidades:

  1. aplicacións web
  2. aplicacións de escritorio
  3. plataformas orientadas a servizos
  4. desenvolvemento para móbiles: iPhone, Android, Blackberry, Windows Phone…
  5. sistemas de publicación de contidos web
  6. integración de sistemas e interoperabilidade
  7. migracións de bases de datos
  8. tendas online e sistemas e-commerce
  9. integracións de pasarelas de pagos e pagamentos online
Estamos aquí para resolver as túas dúbidas, analizar a situación e proporche a mellor solución. Estamos actualizados en canto ás posibilidades que a tecnoloxía ofrece hoxe en día, e poremos á túa disposición o noso coñecemento para encaixalo coas túas necesidades. Quizais ese problema complexo ao que non saibas como dar saída poida ser resolto por unha aplicación *Open *Source que che podemos axudar a instalar e configurar, aforrándoche o desenvolvemento a medida, ou poida que simplemente necesites coñecer as mellores opcións para levar a cabo o teu portal web de modo que sexa sinxelo e barato de manter no futuro. Sexa o que sexa, podémosche asesorar.

  1. Sistemas de xestión de contidos web (CMS, Content Management Systems): podemos adaptar o sistema web open source que mellor se adapte as tuas necesidades, para que cumpla todos os teus requisitos. En canto a xestores de contidos web, traballamos con WordPress e Drupal principalmente, pero tamén podemos axudarte con migracions de datos a estos sistemas (por exemplo, unha migración de Joomla a Drupal), ou algúns menos comúns como LocomotiveCMS (basado en Ruby on Rails).
  2. Sistemas de xestión e planificación empresarial (ERP, Enterprise Resource Planning): ¿estás evaluando alternativas para mellorar a xestión da tua empresa? Traballamos con OpenERP (agora chamado Odoo), realizando instalacións, configuracións y personalizacións do mismo. Con el terás unha completa funcionalidade (control de stocks, xestión de clientes e pagos, CRM (Customer Relationship Management, xestión de relacións cos clientes)… incluindo unha completa e funcional plataforma web e acceso móvil.
  3. Plataformas de correo electrónico: ¿Queres migrar  o teu correo electrónico do teu actual proveedor ao teu propio servidor? ¿Quizais queiras migrar as tuas cuentas de correo a unha plataforma como Google Apps? Podemos axudarche con todo o proceso. proxectos de innovación e I+D: podemos levar a cabo a realización de proxectos en plataformas innovadoras, ou con conceptos empresariales innovadores. Con unha xestión do proyecto áxil (agile project management) e un desenvolvemento incremental basado en prototipos minimizarás os teus riscos e poderás validar o teu modelo de negocio. Algunhas tecnoloxías innovadoras coas que traballamos son Google Glass, Smartwatches (con Android Wear y Apple Watch), dispositivos wearables, tecnoloxía domótica (basada en Arduino y Raspberry Pi)… Contáctanos para que evaluemos o teu proxecto tecnolóxicamente.
Internet é o escaparate global, no que a túa empresa ten que lucir coa súa mellor cara. O teu negocio debe estar ben localizado neste escaparate, e podes contar coa nosa axuda para dar unha boa imaxe.

Encargarémonos de identificar as palabras crave asociadas á túa marca polas que será interesante que che coñezan, e faremos o posible para que os teus potenciais clientes cheguen con facilidade á túa web. Podes confiar en nós para que a túa web apareza en buscadores, localicemos o teu negocio en Google Maps e reorganicemos a túa web para que sexa mellor valorada polos buscadores.

Ademais, axudarémosche a facer o teu negocio social, para contar con presenza nas redes sociais con maior volume de usuarios: Facebook, Twitter, Tuenti, etc.

 En Zadia Software estamos afeitos e gústanos traballar en equipo, e estaremos encantados de poder botar unha man ao teu equipo de desenvolvemento con aquelas tecnoloxías coas que non están familiarizados. Tamén podemos ser o partner tecnolóxico da túa empresa, que non é especificamente do sector tecnolóxico pero necesitas quen leve a cabo as ideas.¿En que podemos axudar? En xeral, con calquer problema tecnolóxico, pero por citar algunhas áreas de experiencia:

  1. desenvolvemento móbil Android (Java + XML)
  2. desenvolvemento móbil iOS (objective-c)
  3. desenvolvemento móbil BlackBerry
  4. desenvolvemento móbil Windows Phone
  5. desenvolvemento web con distintos xestores de contidos: Drupal, WordPress, Joomla…
  6. desenvolvemento PHP con distintos frameworks: CodeIgniter, Kohana, Doctrine ORM, Zend Framework…
  7. desenvolvemento web xeral: HTML5, CSS3, jQuery, XML, RSS, JSON…
  8. desenvolvemento web Java: PlayFramework!, Spring, Struts, Liferay, Hibernate, Ibatis…
  9. integración con distintos tipos de bases de datos: MySQL, PostgreSQL, SQLite, Oracle…
  10. integración con sistemas CRM: aplicacións móbiles integradas coa API móbil de SalesForce, sistemas a medida…

Acerca de nós

¿Que facemos?

Aínda que somos especialistas en desenvolvemento web e móbil, ofrecemos todo tipo de servizos de desenvolvemento de software. Entre outras cousas, poderemos axudarte con proxectos iOS, Android, HTML5/web móbil, migracións de datos, desenvolvemento de sistemas web baseados en CMS coma WordPress ou Drupal, ou integracións de sistemas heteroxéneos. ¿Queres saber máis? Consulta unha mostra dos nosos proxectos. 

¿Como o facemos?

En Zadia Software utilizamos metodoloxías de desenvolvemento áxil para ofrecerche un resultado o antes posible y construir contigo exactamente o que necesitas. Ademáis, integrámonos co teu equipo para complementalo naquelas áreas ás que non chegades, contacta connósco para ver como podemos encaixar no teu proxecto.

Zadia Software foi fundada por Gonzalo Mateo Sixto e Adrián Moreno Pena, dous Enxeñeiros Técnicos en Informática apaixonados pola nosa profesión. Empezamos a traballar ao finalizar os estudos en empresas do sector, en Galicia, e realizamos un Máster en Dirección de Proxectos para complementar a nosa formación académica.

Mantémonos ao día nas tecnoloxías que van xurdindo, e para iso estamos a explorar constantemente novas posibilidades para elas. Gústanos probar novos frameworks, contornas de desenvolvemento, linguaxes de programación, ou calquera cousa que poida facernos traballar mellor. Para alcanzar os mellores resultados nos proxectos, contamos cunha selecta rede de colaboradores, con especialistas nos distintos ámbitos que tocan os nosos proxectos (legal, deseño, multimedia, programación, administración de sistemas, imaxe corporativa…).

Nesta web queremos plasmar parte dos traballos que imos realizando, e recibir o feedback dos traballos abertos ao público. Podes consultar algúns dos proxectos que realizamos no noso portfolio, e un extracto do que podemos realizar para ti na sección de servizos. No entanto, se tes calquera dúbida, suxestión, necesidade que queiras resolver, ou simplemente queres porche en contacto connosco por calquera motivo, escríbenos a email contacto@zadiasoftware.com e responderémosche canto antes, ou utiliza o formulario de contacto situado á esquerda da páxina. Tamén podes descargar a vCard cos nosos datos, se queres importalos á túa axenda.   E se prefires escribirnos unha carta, enviarnos un agasallo ou deixarche caer polas nosas oficinas, en Rúa dás Hedras 9, 3ºA. 15895 Ames, A Coruña. 

Contacta con nós

Atópanos

  • Enderezo: Rúa das Hedras, 4. 2ºK Milladoiro, Ames, A Coruña 15895
  • Teléfono: +34 981 533 904 / +34 669 938 908
  • Fax: +34 981 533 904
  • Email:

Contacta con nós