Zadia Software foi fundada por Gonzalo Mateo Sixto e Adrián Moreno Pena, dous Enxeñeiros Técnicos en Informática apaixonados pola nosa profesión. Empezamos a traballar ao finalizar os estudos en empresas do sector, en Galicia, e realizamos un Máster en Dirección de Proxectos para complementar a nosa formación académica.
Mantémonos ao día nas tecnoloxías que van xurdindo, e para iso estamos a explorar constantemente novas posibilidades para elas. Gústanos probar novos frameworks, contornas de desenvolvemento, linguaxes de programación, ou calquera cousa que poida facernos traballar mellor. Para alcanzar os mellores resultados nos proxectos, contamos cunha selecta rede de colaboradores, con especialistas nos distintos ámbitos que tocan os nosos proxectos (legal, deseño, multimedia, programación, administración de sistemas, imaxe corporativa…).
Nesta web queremos plasmar parte dos traballos que imos realizando, e recibir o feedback dos traballos abertos ao público. Podes consultar algúns dos proxectos que realizamos no noso portfolio, e un extracto do que podemos realizar para ti na sección de servizos. No entanto, se tes calquera dúbida, suxestión, necesidade que queiras resolver, ou simplemente queres porche en contacto connosco por calquera motivo, escríbenos a [email contacto@zadiasoftware.com e responderémosche canto antes, ou utiliza o formulario de contacto situado á esquerda da páxina. Tamén podes descargar a vCard cos nosos datos, se queres importalos á túa axenda. E se prefires escribirnos unha carta, enviarnos un agasallo ou deixarche caer polas nosas oficinas, en Rúa dás Hedras 9, 3ºA. 15895 Ames, A Coruña. Ver mapa más grande




